Pai de familia decide finalmente poñer a calefacción tras atoparse á súa familia vivindo nun iglú no centro do salón
"A ver, que se tedes frío dicídesmo, pero tampouco podemos acender a calefacción por acender que iso sobe a factura unha barbaridade" comentou o pai de familia
O cidadán compostelán Samuel Gálvez decidiu finalmente poñer a calefacción na súa casa tras atoparse á súa muller e os seus dous fillos vivindo nun iglú que construíron no centro do salón da súa casa. "A verdade é que son uns esaxerados, este inverno non fai nada de frío se eu ando en camiseta pola casa!" comentaba o sorprendido protagonista.
A súa esposa, cansada de dicirlle unha e outra vez que non aguantaba máis o frío decidiu construír o iglú porque "era o único modo de conseguir entrar en calor nesta casa".
Ningún comentario