Breaking News

Nace "Apadriña unha fochanca", unha iniciativa que busca apoiar a todas esas fochancas que a prensa compostelá deixou de lado


A situación actual das  fochancas compostelás está ao límite, a día de hoxe a prensa compostelá ha deixado de lado a unhas fochancas que fai tan só un par de anos eran as grandes @estrella da maioría dos xornalistas. Jacinto, un compostelán de toda a vida que se dedica a pasear pola cidade, decidiu apoiar a estes milagres da natureza coa iniciativa # adoptaunafochanca. "A idea é recuperar o éxito das  fochancas para que volvan aparecer nas portadas da prensa compostelá e non caian no esquecemento. Porque aínda que non saian na prensa asegúrovos que estar están aí", declarou o fundador da iniciativa. Por tan só cincuenta céntimos ao mes poderase acceder ao catálogo e apadriñar a calquera das  fochancas que hai na capital de Galicia.

Polo que se comentou na rolda de prensa, a iniciativa está a ser todo un éxito xa que numerosos cidadáns decidiron unirse a este proxecto, aínda que visto a pouca xente que había na rolda de prensa este xornal dubida moito que iso sexa verdade. En calquera caso, se alguén quere apadriñar algunha  fochanca ten que escribir a apadrinaunafochanca@fochanquismo.es ou en Twitter co  hashtag # apadrinaunafochanca, o usuario recibirá un catálogo e poderá escoller a  fochanca que máis lle guste para apadriñar.

Ningún comentario