Coñecemos a Marisa: A compostelá que aínda chama ao Carrefour Simago
Marisa é unha compostelá que cada mañá sae de casa ás 10 para facer a compra no Carrefour do ensanche. A cidadá, a pesar do paso do tempo, resístese a "as novas modernidades" que apareceron na cidade e continúa chamando ao supermercado da cadea francesa Simago. "eu xa se o que me digo", declarou Marisa, "cando lle digo ao meu marido que vou ao Simago sabe perfectamente ao que me refiro".
En varias ocasións Marisa pediu á cadea Carrefour cambiar o seu nome por Carrefour Simago, pero o supermercado rexeitou a petición. A día de hoxe Marisa ségueo tentándoo nas redes sociais usando o hashtag # CarrefourSimago
Ningún comentario