Máis de 200.000 polillas e 300.000 mosquitos asistiron ao aceso de nadal en Vigo
O concello de Vigo deu a coñecer esta mesma mañá a numerosa afluencia de asistentes ao xa famoso aceso das luces de nadal que este pasado sábado celebrouse na cidade. Segundo os datos ofrecidos na rolda de prensa, o Concello confirmou que 300.000 mosquitos e máis de 200.000 polillas fixeron acto de presenza no evento, converténdose así este ano o que máis afluencia de insectos tivo en toda a súa longa historia.
O concello da cidade agradeceu a asistencia destes visitantes aínda que recoñeceron sentirse algo "preocupados" polos picores que poderían provocar estes visitantes.
Ningún comentario