A Organización Meteorolóxica Mundial en alerta pola ausencia de choiva durante dous días en Compostela
Esta mesma mañá, a Organización Meteorolóxica Mundial mostraron a súa preocupación pola ausencia de choiva durante dous días na cidade compostelá; varios expertos asistentes ao Cume sobre o Cambio Climático comentaron que dita seca pode chegar a afectar mentalmente os cidadáns da cidade, chegando mesmo a saír á rúa sen paragüas (unha tolemia para os tempos que corren). Devanditos expertos comentaron que a ausencia da choiva "é un claro exemplo do cambio drástico que está a comezar a afectar a este planeta", avisando de que mesmo pode darse o caso de atoparse o chan da cidade "completamente seco", situación que alarmou notablemente aos asistentes.
Con respecto á grave situación, Greta Thunberg comentou que o dos glaciares é unha minucia comparado coa escaseza de choiva na capital galega. "Hai que tomar medidas, porque se non buscamos unha solución acabaremos polo planeta".
Ningún comentario