Engaden un novo portelo de Cofidis nas peaxes da AP-9
Esta mesma mañá presentouse un novo portelo da famosa entidade financeira de Cofidis en todas as peaxes da AP 9 co fin de facilitar aos usuarios o pago da peaxe. Na devandita presentación, un tipo que di mandar niso das "estradas premium" asegurou que esta innovación demostra o uso que fan co diñeiro investido: "para que despois non vaian dicindo por aí que non saben en que gastamos o diñeiro".
Tras ser preguntado pola opción de baixar o prezo das peaxes para así evitar un maior gasto como posible solución, o señor que manda niso das "estradas premium" respondeu que "as estradas non se arranxan sen diñeiro, así que a pagar".
Tras a rolda de prensa, todos os xornalistas volvemos ás nosas casas e xa vos podo asegurar que un servidor volveu a Santiago por estrada nacional.
Ningún comentario