Hoxe en misterios de compostela: Que foi de... as fochancas?
[GAL]
O inverno de 2018 será lembrado, entre outras moitas cousas, pola sorprendente aparición dunha praga que aterrou á cidade compostelá día e noite. Estou a falar das famosas fochancas, eses buracos o suficientemente fondos como para acabar con calquera roda que decida achegarse o suficiente. Tras un ano repleto de arranxos varios, as fochancas decidiron desaparecer repentinamente, dun día para outro, case sen despedirse.
Que pasou?Quen conseguiu liberar á cidade de tal grave problema? Desde hai uns meses, coincidindo coa chegada do novo concello, os xornais locais han decidido non volver falar do tema, dando a entender que estes buracos xa non son considerados un problema para a cidade Seica esconden algo?
O Borrego Galego decidiu saír á rúa e preguntar aos cidadáns sobre o tema, os cales consideran que "estar están aí, só que ninguén quere recoñecelo". Que se traerán entre mans os nosos amigos da prensa?. A resposta sempre será unha incógnita, un deses misterios que nunca poderá ser resulto.
Se nalgún momento viron algunha fochanca, non dubiden en dalo a coñecer, porque se esperamos a que o faga a prensa....
Ningún comentario