Breaking News

Comparte se che indigna! Unha nai non deixa ir ao partido do Compostela ao seu fillo ata que se acabe todas as acelgas



O afeccionado da SD Compostela J. L. Atópase nun sinvivir. A súa nai M. G. non lle permitirá ir ó encontro do próximo domingo no estadio Vero Boquete ata que se termine todas as acelgas que aínda ten no prato. Varias asociacións puxeron o berro no ceo ante tal situación, mesmo se ofreceron a comerse eles mesmos as acelgas, pero a nai do afeccionado, tras un tempo meditándoo, rexeitou a proposta.
"E se non se come as acelgas na comida, volvereillas a poñer na cea" declaraba a señora enfadada.

Ningún comentario