As 5 mellores frases para provocar unha discusión na cea de noiteboa
¿Estás a piques de ir cear coa túa familia e non sabes de que falar? Non te preocupes, no Borrego Galego dirémosche as 5 mellores frases para discutir na túa cea de noiteboa. Le con atención! podería ser a solución a todos os teus problemas:
1. "Eu son de esquerdas/dereitas": Falar da túa ideoloxía política é o tema máis efectivo para discutir nunha cea de noiteboa. Tanto se dis que es de esquerdas ou de dereitas, seguramente alguén che levará a contraria, levándovos a unha discusión da que nunca poderedes saír.
2. "Pois eu á tortilla bótolle cebola e a pizza gústame con piña": A cebola na tortilla e a piña na pizza son os dous temas máis perigosos nunha conversación. En canto soltes esta frase, a discusión está asegurada.
3. "Se se queren ir os Cataláns, pois que se vaian...": Esta é quizais una das frases máis típicas no universo do cuñadismo. A independencia dos cataláns adoita funcionar bastante ben, xeralmente non decepciona, e se tes sorte ata pode xurdir o tema de Franco e os pantanos.
4. "Eu chupo as cabezas das gambas porque un meteorito acabará co planeta no 2020 e xa todo dáme igual": As fake news adoitan aparecen a miúdo nestas ceas, a veracidade de cada unha delas pode propiciar unha discusión moi divertida.
5. "Vós tampouco reciclades?": O cambio climática pode dar moito de si. En canto digas esa frase xurdirán temas relacionados con Greta Thunberg e se hai algún de dereitas na mesa (que seguramente o haberá) aseguraravos de que iso do quecemento global "é todo unha patraña que se inventaron os ecoloxistas".
Ningún comentario