Breaking News

O teu cuñado está a desexar verche esta noite para felicitarche o ano dicindo feliciano


[GAL]
A esta hora O Borrego Gallego pode confirmar que o teu cuñado, o cal ceará contigo esta noite para celebrar o novo ano, está a desexar que cheguen as 12 da noite para felicitarche o ano coa orixinal e innovadora palabra "feliciano" acompañada dunhas palmaditas nas costas. Varias fontes non moi fiables aseguraron que dita palabra é unha modificación que deriva das palabras feliz e ano, algo que, segundo os expertos, resulta ser "moi gracioso" para o teu cuñado pero moi  pedante para ti.

Devanditos expertos comentaron que tras o chiste, é posible que a continuación a túa avoa diga "eu deste ano non paso, que me noto mal" e que a túa nai tire champaña sobre a mesa mentres grita "alegría, alegría!".

Ningún comentario