Breaking News

Desarticulan unha banda que substituía nos bares barrís de Estrela Galicia por outros de Cruzcampo


[GAL]
Esta mesma mañá conseguiuse desarticular unha famosa banda que se coaba polas noites nas cervexarías compostelás para cambiar os barrís de Estrela Galicia por outros que contiñan a cervexa andaluza  Cruzcampo. Xeralmente, a banda adoitaba entrar nos locais minutos antes de pechar e aproveitaban algún descoido do propietario para esconder a un membro cun barril  da cervexa andaluza no baño. En canto o propietario pechase o local, o membro da banda aproveitaría o momento para cambiar o barril de cervexa na billa de Estrela Galicia.  

Os propietarios das cervexarías aseguraron que xa sospeitaran algo semanas atrás, xa que as vendas de cervexa baixaran notablemente. "De feito, houbo certos casos nos que os clientes non dixeron que esa cervexa non era Estrela Galicia, pero nós adoitabamos dicirlles que iso era porque non sabían nada de cervexas", comentou un enfadado propietario.

Ningún comentario