Un votante de Vox comeza a falar en galego dous días despois de poñerse a vacina de Pfizer
J. M., un votante de Vox que prefire manterse no anonimato, sufriu esta mesma mañá os famosos efectos secundarios da vacina do Coronavirus dos que tanto se fala ultimamente. O cidadán asegurou que desde onte á noite tan só pode comunicarse en galego, algo que resulta inexplicable, xa que el na súa vida utilizara ese idioma. Lembremos que J.M. foi vacinado hai tan só dous días.
" Cajo non demo!Pero facede algo, cajo na cona!" comentaba o preocupado protagonista exaltado ao ver que os médicos non lle daban unha solución. Nestes momentos o afectado continúa en revisión médica á espera dunha solución que lle resolva o problema, pero os médicos advertíronlle que devandito efecto pode chegar a ser irreversible, ao que o cidadán respondeulles con " Ide tomar polo cú".
Ningún comentario