Breaking News

Audasa cambiará as máquinas de pago automático por máquinas comecartos para compensar a ausencia de tráfico



 Hai uns días saíu a noticia de que a empresa Audasa decidiu pedir unha compensación debido a que perdeu tráfico por culpa do  COVID. A pobre empresa pensa que non cobrou o diñeiro suficiente aos seus usuarios para manterse, polo que decidiu pedir axuda. 

Finalmente, tras ver que non lles fixeron moito caso, decidiron innovar. Tras unha reunión,  Audasá decidiu cambiar as máquinas de pago automático por máquinas comecartos para conseguir así alcanzar o obxectivo marcado. "Conseguimos dobrar os beneficios en tan só un día", comentou ilusionado un tipo que dicía traballar na empresa (aínda que non estamos moi seguro diso)/diso). Con respecto ás enormes caravanas que se montan nas peaxes, o tipo que dicía traballar en Audasa comentou que "Ese non é o noso problema, a ver  is imos ter que facelo todo nós!

Ningún comentario