Un recoñecido matemático compostelán descobre que se escribes nunha calculadora 707 e lela ao revés pon LOL
Hoxe coñecemos a Paco, un matemático compostelán moi recoñecido a nivel mundial que asegurou en primicia a este xornal que se escribes 707 nunha calculadora e lela ao revés pon LOL. "Pasamos anos traballando neste proxecto. Ao principio poñiamos 8008 porque parece que di teta en inglés ( boob) e agora, case sen darnos conta, descubrimos unha palabra aínda mellor", comentaba o mozo emprendedor.
A pesar do descrubrimiento, Paco recoñeceu que non todo foron alegrías, xa que cando fixo o descubrimento estaba a realizar unha suma de vital importancia: "Acababa de facer a compra no súper de en fronte e deume a sensación de que me cobraban de máis, así que cogi a calculadora e púxenme a facer a suma, cando cheguei ao número 707 e decidín lelo ao revés emocioneime tanto co descubrimento que apaguei a calculadora sen querer, quedando así a suma a medias" comentou abatido o compostelán.
Ningún comentario