Breaking News

Divórciase dous días despois da súa voda ao descubrir que o seu marido son dous nenos ocultos nunha gabardina

"A ver, o rapaz víase raro, pero non me imaxinei  ésto. Tiñamos unha relación moi normal", comentou a abatida protagonista


A moza compostelá María continúa a día de hoxe decepcionada tras sufrir un dos matrimonios máis absurdos que ninguén se pode imaxinar. Todo ía ben durante o seu noivado, a pesar de que ao seu noivo "víaselle raro" ambos tiveron unha relación "moi normal". "Debín de darme conta xa que de cando en vez pedíame que lle comprase un xeado ou uns cromos de Pokemon, pero eu unicamente imaxinei que era un friki".

Tras unha voda ao grande repleta de globos,  gominolas e sesións interminables de  Fortnite, a parella decidiu irse de viaxe para gozar así da súa lúa de mel en República Dominicana, lugar no cal María comezou a ver cousas que non lle cadraban: "Estabamos a 40 graos cunha calor insoportable e non se quitaba nin a gabardina nin o chapeu. Ao meu parecíame moi raro ese comportamento, pero estaba tan feliz que me esquecín do tema", comentou a moza compostelá.

Tras dous días na lúa de mel, María descubriu o terrible desenlace. O que ata o de agora fose o seu marido díxolle que non aguantaba máis a calor e sacouse a gabardina, mostrando así a dous nenos, un encima do outro. "Tras ver que eran dous nenos, comezou a cadrarme todo. Os choros habituais, a súa obsesión polo  Fortnite e a ausencia de sexo na relación". 

Ningún comentario