Breaking News

Compostelán consegue por fin gañar diñeiro coa pintura vendendo os seus pinceis por wallapop


O artista compostelán A. T. fixo o seu soño realidade, xa que por fin conseguiu diñeiro grazas á pintura vendendo os seus pinceis por Wallapop. "Sentinme moi orgulloso de todo o esforzo realizado. Foron uns anos difíciles nos que estiven 15 duros minutos ao día pintando sen parar buscando esa obra que conseguise facerme chegar ao  cúlmen do meu talento. Finalmente, grazas a  Wallapop, a quen agradezo de corazón esta oportunidade que me ofreceron, conseguín sacar adiante o meu proxecto cuns ingresos que non me veñen nada mal".

Tras ser preguntado polo prezo ao que vendeu os pinceis, o artista asegurou que "o prezo deses dedos de madeira é incalculable, de feito significaban moitísimo para a miña. Eran parte do meu. Pero por desgraza tiven que desfacerme deles e, tras unha dura negociación, saqueille nin máis nin menos que 5  eurazos".

Ningún comentario