Desarticulada una red que vendía Gel hidroalcóholico a estudiantes haciéndoles creer que era Vodka Premium
“Era moi doado, ningún deles notara a diferenza”, declarou un dos membros da banda"
Esta mesma mañá a policía conseguiu desmantelar unha banda que se fixo de ouro en Compostela vendendo a estudantes botellas de Xel Hidroalcóholico facéndolles crer que se trataba de Vodka Premium. Tras ser detido, un dos membros da banda recoñeceu que “era moi fácil enganalos, levamos meses dicíndolles que era unha nova marca máis forte e máis espesa e ningún deles deuse conta”. No que respecta a a denominación Premium o acusado declarou que “sempre lle dá un toque máis elitista e grazas a iso conseguía que pagasen máis”.
Tras varios meses vendendo sen descanso, todo o negocio saíu á luz cando un dos estudantes afectados preguntou aos seus pais porqué metían Vodka Premium en botellas de xel hidroalcóholico. Estes, tras ver que o seu fillo non tiña moitas luces, chamaron á policía alertando do negocio fraudulento.
Ningún comentario