Falamos con Paco: o funcionario compostelán que pediu a Oxford unha vacina contra a síndrome postvacacional
«Esta depresión acaba connosco e machúcanos por dentro»
Paco cre que se podía aproveitar todo o esforzo que se está realizando na vacina contra o COVID e dedicar tan só uns minutos ao día para investigar sobre unha depresión que el mesmo recoñece estar a sufrir.
— Polo que vostede comenta, Cre que é primordial investigar sobre a vacina contra a síndrome postvacacional?
— Sen dúbida créoo, somos moitos os que cada 31 de Agosto temos que sufrir as consecuencias desta dura síndrome, esa depresión que acaba connosco e machúcanos por dentro.
— Xa, claro. Imaxino que ten que ser duro, porque o seu traballo debe requirir de moito esforzo físico...
— A ver, moito esforzo físico non che esixen, pero teño que levantar moitas cheas de papeis e abrir a fotocopiadora cando se atasca...
— Entendo. E traballará mañá e tarde...
— Non, que va, só mañás...
— Vaia... Entón pódeme explicar como un funcionario que traballa só de mañás pode sufrir síndrome postvacacional?
— Pois porque o meu traballo esgota a nivel mental, acabo esnaquizado cada tarde cando chego a casa, imaxínese as sestas que me teño que tomar para recuperarme.
— E encima bótase sestas.Vostede o que ten é un morro que llo pisa! Nai de Deus, a de xente que se alegra por ter un traballo no que poucas vacacións poden ter e vostede chorando como un idiota polo seu envexable emprego quéixase de vicio!
— (chorando) Pois si, sufro moito vale?. Son moi sensible
— Sensible... o teu o que es é imbécil!
— QUEMEDEHES!
Ningún comentario