Breaking News

Que sabemos da madrileñofobia, a nova moda que triunfa entre os galegos?


Nas últimas semanas xurdiu unha nova moda entre os galegos chamada a  madrileñofobia, algo innovador que aos poucos se vai facendo un oco nesta nova normalidade. Pero Que é iso da  madrileñofobia?

Que é a  madrileñofobia?

A  madrileñofobia, provén da familia das fobias, que significa temor cara a algo ou alguén (por exemplo a  planchafobia ou  latortillaconcebollafobia). Neste caso concreto refírese a temor cara a certo grupo de madrileños, aínda que a día de hoxe non hai proba fidedignas da súa existencia (xa que ninguén en ningún momento recoñeceu tal cousa).

Como se xerou a  madrileñofobia?

Aínda non está claro a orixe desta nova moda, algúns historiadores teñen a teoría de que realmente se debe á avalancha de madrileños a Galicia nos peores momentos da pandemia, orixinando así un aumento de  contagios. Outros expertos cren que a  madrileñofobia non existe como tal, varios estudos confirmaron que todo se orixinou por unha confusión na que certos lugares turísticos pedían prudencia aos turistas de toda España que viaxen polo país

Como recoñecer a un " madrileñofobista"?

Os  madrileñofobistas adoitan abundar nas zonas turísticas de España, xeralmente na costa. A día de hoxe a moda evolucionou tanto que podes atoparche madrileñofóbicos en calquera recuncho de España.

Que teño que facer para ser " madrileñofobista"?

Ser  madrileñofobista é moi fácil, tan só tes que obsesionarche coa xente de Madrid e convencerche de que todos os problemas orixinados polo turismo que vén a Galicia sexa por mor da xente que vén da capital de España (dá igual se é certo ou non, o importante é que cho creas o teu). Se consegues convencerche de todo  ésto Felicidades, xa es  madrileñofobista!



Ningún comentario