Breaking News

Carolina: "Bailar bailei co meu amor, pero despois funme co seu mellor amigo, que era o que me gustaba"


Entrevistamos a Carolina, unha galega que se deu a coñecer pola famosa canción que narra un dos momentos máis importantes da súa vida, ese instante no que bailou co que se supón que era o seu amor (ou non?).

É un pracer coñecer á protagonista dunha das cancións máis coñecidas da nosa cultura galega. Como lle tratou a vida?

Pois ben, non me queixo. Actualmente son unha persoa feliz que conseguiu traballar no que realmente me gusta e ter a vida que sempre quixera.

A que se dedica?

Dedícome á  Herpetología, que é a rama que estuda os réptiles e anfibios

Sempre lle gustaron os reptiles...

Pois si, sobre todo os lagartos, era unha das miñas obsesións. De pequena sempre lle pedía á miña nai que me comprase vestidos con debuxos de lagartos.

De aí o seu vestido na canción que lle fixo famosa,  Como conseguiu ese papel protagonista?

Pois foi todo unha casualidade. Estaba eu bailando toda contenta porque estreaba o meu novo vestido cun lagarto pintado e á banda de música gustoulles tanto que comezaron a cantar todo o que facía,


Todo o que facía?

Si, si, absolutamente todo, o que pasa é que ao final na canción sae só unha parte. Que se Carolina ía a  mear, que se me tomaba un viño, que se me fumaba un cigarro... Era desesperante!. Estiven moi enfadada ata que cheguei ao terceiro ou cuarto viño, aí xa me esquecín un pouco deles e fun á miña bóla...

Foi nese momento no que " bailaches  co  teu amor"?

Pois si, aí foi cando agarrei a Xosé, o que era a miña parella por aquel entón, e comezamos a bailar como tolos... Bo, realmente a que bailaba era eu, que el era terriblemente aburrido.

Pero non era o seu amor? o home da súa vida?

(Sorrí) O home da miña vida di! Ese era un  mindundi ao que utilizaba para entrar gratis na disco. Se ao final esa noite deiteime co seu mellor amigo.

Vaia... como cambia a  cancioncita...

Xa che dixen que os da banda cantaban todo o que facía e ao final adaptárona un pouco á súa maneira. Non te podes fiar dos músicos...

Bo, pois foi un pracer coñecer a un personaxe tan importante da nosa cultura. Esperemos que lle vaia todo tan ben como ata o de agora.

Grazas, difícil que me vaia mellor, xa que son unha das  herpetólogas mellor valoradas a nivel mundial, pero moitas grazas.




Ningún comentario