Breaking News

Montan unha manifestación en Compostela para queixarse da xente que se manifesta en época de pandemia


Esta mesma mañá un grupo de composteláns reuníronse no centro da cidade para manifestarse contra toda esa xente que ultimamente se está manifestando en época de pandemia, algo que pon en perigo a todos os cidadáns, fomentando así un posible rebrote de coronavirus. "É vergoñoso, a xente sae á rúa e se xunta sen ter en conta a separación de dous metros. Así nos vai...este país é un desastre!" declarou un asistente mentres se refregaba ao resto dos manifestantes.

Tras o evento, varios asistentes aseguraron que se a xente segue manifestándose non descartan volver manifestarse contra todos eses manifestantes que se manifestan, chegando así a un bucle de manifestacións que pode chegar a ser infinito.

Ningún comentario