Breaking News

Compostelán con móbil Huawei sae á rúa golpeando unha cacerola comprada no chinés para facer boicot aos produtos que veñan de China


O cidadán compostelán  S. R. saíu esta mesma mañá á rúa golpeando unha  cacerola que comprara no chinés que está fronte á súa casa e mostrando o seu novo móbil Huawei para pedir a todos os cidadáns que comecen a facer boicot aos produtos chineses, xa que segundo o cidadán todo  ésto do Coronavirus é unha estratexia que foi creado por eles para poder vender material a todo o mundo e máis adiante ofrecer a vacina. Tras ser preguntado por algunha proba, S. R. asegurou que o sabe porque ten unha  corazonada e nunca se perdeu un programa de Cuarto Milenio "o que di o Iker Jiménez vai a misa".
Tras manifestarse por varias rúas, S. R. escribiu un tweet para queixarse de toda a xente que enriquece a ese país comunista que tan pouco ben nos fai.

Ningún comentario