Breaking News

Juan Pardo anuncia que a Anduriña volveu e que xa non é tan nova


Esta mesma mañá o cantante Juan Pardo deu unha rolda de prensa para anunciar que, despois de  tanos anos, a Anduriña decidiu volver e que xa non é tan nova como a lembraba, algo que segundo el é lóxico xa que "os anos pasan para todos". O cantante recoñeceu que a espera se lle había feito moi longa e que o resultado final decepcionáralle bastante.

O famoso músico galego recoñeceu que a Anduriña estivera en África todos estes anos, xa que, a final de contas, é un paxaro migratorio que pode pasar os invernos en África. Finalmente, tras a rolda de preguntas, asegurou que hoxe mesmo ía deixar o paxaro en liberdade porque "non lle interesa o máis mínimo ter unha mascota en casa".

Ningún comentario