Breaking News

Santiago Matamoros pasará a chamarse Santiago Matamoscas debido á tensión racial


Esta mesma mañá tomouse a decisión de cambiar o nome a Santiago  Matamoros debido á tensión racial que está a xurdir estes días polos conflitos en Estado Unidos. Finalmente, tras unha longa reunión na que xurdiron diferentes nomes, tomouse a decisión de cambiar  Matamoros por  Matamoscas. “Xurdiron varias iniciativas, desde  Matagente, Matar por matar ou mesmo Santiago a secas, pero cremos que era mellor manter o termo e suavizalo dalgún modo”, comentou un tipo ben vestido con cara de persoa importante que acababa de saír da sala de reunións.

O tipo con cara de importante asegurou que con este novo termo a xente sentirá máis identificada con Santiago xa que "a ninguén lle gustan as moscas, que o único que fan é molestar, aí, as moi desgraciadas...".

Ningún comentario