Breaking News

Unha sondaxe sobre as eleccións galegas relizado por erro en País Vasco confirma que o PNV gañará en Galicia por maioría absoluta

Esta mesma mañá saltou a sorpresa tras saír á luz na última sondaxe sobre as eleccións Galegas que o PNV sería o gañador. Tras presentar os resultados, a empresa, de modo anecdótico, recoñeceu que cometeron un erro e en lugar de preguntar en Galicia perdéronse e acabaron en País Vasco"Equivocámonos de saída na A6 e cando nos demos conta que estabamos en País Vasco era demasiado tarde para dar marcha atrás, así que xa que estabamos aí aproveitamos a viaxe" declaraba o presidente da empresa. Con respecto aos resultados da sondaxe, a empresa non mente nin desmente que non deberían de ser considerados moi verídicos.

Finalmente a empresa declarou que a semana que vén farán a sondaxe sobre as eleccións Vascas en Galicia, e aseguraron que a xente se vai a quedar de pedra cando vexan o que subiu o PP.

Ningún comentario