Breaking News

Expertos analizan o ADN das máscaras tiradas na rúa para cagarse nos mortos dos propietarios e facerllas comer

O Concello asegurou que nalgúns casos aproveitarán para dalles unha ostia coa man aberta


O Concello de Santiago asegurou esta mesma mañá que acaban de contratar un servizo especial de análise de ADN para poder utilizalo en todas as máscaras que atopen nas rúas da cidade e identificar os seus propietarios. "Tivemos que comprar bastantes unidades, xa que parece que a xente non acaba de entender para que serven as papeleiras", declarou un membro do Concello.

Unha vez fíxose a análise de ADN e identificouse ao devandito ou devandita, varias persoas con cara de moi poucos amigos dirixiranse á casa do infractor ou infractora para  cagarse nos seus mortos e, no caso de que fose posible, facerlla comer con coitelo e garfo (Sen un  mísero vaso de auga, para que lles custe dixerila)

Ningún comentario