Breaking News

Nai compostelá ameaza aos chineses que buscan a vacina con "a que vou eu e a encontro"


A nai compostelá  M. R. deixou esta mañá un recado a todos os científicos chineses que a día de hoxe seguen buscando a vacina contra o Coronavirus. A compostelá asegurou que "a que vou eu e a encontro", motivándolles así para que aumenten os seus esforzos na procura do fin da pandemia.  M. R. lembrou aos científicos chineses que, no caso de que esa frase  motivadora non funcione, sempre poden rezar a oración a San Antoniño, xa que segundo ela, grazas a esa oración o outro día atopou un anel que levaba meses buscando. 

A día de hoxe descoñécese se devanditos comentarios axudaron na procura da vacina, pero  M. R. segue asegurando que se é necesario hoxe mesmo pode coller un avión para ir a China e poñerlle as pilas aos científicos.

Ningún comentario