Compostelán preocupado porque ninguén aplaudía os seus concertos desde a xanela descobre que tiña o micrófono desenchufado
O cidadán compostelán M. R. pasara uns días moi duros nesta corentena. Tras varios concertos desde a xanela da súa casa, o músico non recibía ningún aplauso, algo que lle facía dubidar do seu talento. "me curraba os temas cada día, cuns sólos de guitarra espectaculares, pero ninguén mo agradecía, dábame a sensación que que á xente non lle gustaba a música". Tras varios días sen noticias dos seus veciños, M. R. decidiu tomar medidas drásticas e arriscouse con temas comerciais. "xa non sabía que facer, pasaban os días e non conseguía nada, así que, nun momento de desesperación, tirei a casa pola xanela. Xogueima cantando a canción resistirei, algo do que non síntome orgulloso", declarou o música en voz baixa.
Finalmente, M. R. decidiu ir falar cos veciños para preguntarlles cal era o problema, en que fallaban as súas cancións. A maioría deles dixéronlle que non podían darlle unha resposta porque non escoitaran nada. Tras varias investigacións, M. R. descubriu que tiña o micrófono desenchufado, algo que aliviou profundamente ao protagonista. Tras darse conta do erro, o músico enchufou o micrófono e comezou a tocar a súa música convencido de que os veciños podían escoitarlle. En efecto, os veciños escoitáronlle, pero tras o concerto o único que escoitou foron apupos e comentarios moi pouco agradables. Tras ese concerto, M. R. deuse conta de que era moi malo e que o seu non era a música.
Ningún comentario