A escaseza de máscaras provoca que unha farmacia compostelá venda anacos de cinta illante para protexerse do coronavirus
Con respecto á súa efectividade, o dono da farmacia asegurou que fai o mesmo efecto que as máscaras, é dicir, ningún. A día de hoxe a substituta da máscara está a ser un rotundo éxito e a farmacia tivo que ir á ferraxería de en fronte para repoñer o produto. "Estamos moi contentos co resultado, de feito non nos imaxinabamos que fose ter tan boa aceptación.Varios profesionais con experiencia na homeopatía felicitáronnos e ofrecéronse a axudarnos se fose necesario".
O dono da farmacia lembrou aos usuarios que, no caso de que non dispoñan de cinta suficiente, a mellor solución sería taparse a boca coa man esquerda.
Ningún comentario