Breaking News

Crean unha relixión en Coruña baseada en Fernando Vázquez


Esta pasada mañá deuse a coñecer a nova relixión baseada no exentrenador da SD Compostela Fernando Vázquez (actualmente adestrando ao Deportivo da Coruña). Os peculiares admiradores declararon que "era unha idea que nos roldaba pola cabeza desde que viaxamos a Arxentina, parece ser que alí é algo moi normal, así que nos dixemos Porqué non?"

Os admiradores de Fernando Vázquez comentaron que a idea é promocionar a relixión para conseguir fregueses, e unha vez teñan suficientes, construír a primeira Iglesia xunto ao estadio de Riazor; "Faríanos moita ilusión construír unha igrexa dedicada ao famoso adestrador, pero se ao final non se constrúe tamén me vale calquera bar da zona", explicou un dos fundadores da relixión.

Finalmente, o grupo de amigos recoñeceu que a día de hoxe a relixión non dispón de fondos suficientes, así que de momento non teñen páxina web. Pero se alguén quere poñerse en contacto con eles pode escribir ao correo da súa actual empresa: Javivi@tapiceriapaco.com

Ningún comentario