Breaking News

Unha manda de Yetis paseouse a pasada noite polo Campus de Santiago


A pasada noite compostelá tivo uns turistas moi particulares. Unha manda de Yetis decidiron pasearse polo Campus de Santiago preocupando aos composteláns que paseaban polo lugar. Afortunadamente, non houbo que lamentar ningún dano.

Dita manda crese que provén da zona de San Lázaro, xa que nesa zona fai un frío "que flipas". Descoñécese a razón pola que devanditos animais decidiron baixar á zona do Campus, algo que puido ocasionar moitos problemas.

Varios voluntarios achegáronse ao lugar porque un tipo con moitos seguidores en Twitter escribiu un tweet avisando aos usuarios e lembrándolles que se se atopan con eles non o dubiden un segundo e póñanse a correr como se non houbese un mañá.

A día de hoxe, descoñécese o seu paradoiro, así que se llo atopan polas rúas non dubiden en facer caso ao tipo con moitos seguidores en Twitter, que me dá a min vai ser a mellor solución.

Ningún comentario