Breaking News

Coñecemos a María, unha anciá compostelá que vai cada mañá á Alameda para lanzar faragullas de pan aos runners


María é unha compostelá de 85 anos que afai pasar a mañá na Alameda, no banco que está situado xunto ao pombal. Hai uns anos adoitaba dar faragullas de pan á multitude de pombas que se paseaban xunto ao seu banco. Hoxe en día os tempos cambiaron, xa que a multitude de runners que adoitan aparecer no parque provocaron que María utilizase as faragullas de pan para os deportistas, xa que segundo a anciá "están con esas caras vermellas e  demacradas, e danme unha  peniña..."

Os primeiros días os  runners non comprendía o bo acto de María, pero unha vez que se foron afacendo cada vez que pasan xunto a ela sempre collen un par de faragullas e agradécenllo efusivamente. María é xa todo un símbolo para os  runners e o Concello está a exporse celebrar unha carreira ao seu nome.

Ningún comentario