Breaking News

Atropela a cinco persoas seguindo as indicacións dun amigo para aparcar

 Paco é un cidadán compostelán de 65 anos que cada mañá saca o seu coche para ir ao centro e dar un paseo matutino pola zona vella.. Esta mañá, a diferenza doutros días, estaba a esperarlle o seu amigo Manuel, quen atopara un bo sitio libre para aparcar e esperaba ansioso a chegada do seu amigo. 


Unha vez chegou Paco, o seu amigo Manuel, ao ver que a praza de aparcamento era pequena e para aparcar eran necesarias algunhas manobras, foi indicando os movementos para poder conseguir deixar o coche ben o máis rápido posible. Pero a cousa non foi do todo ben e, non se sabe por culpa de quen, Paco acabou atropelando a cinco persoas que andaban tranquilamente pola rúa. "Eu indicáballe paso a paso, pero o moi idiota é medio  cegato e non sabe medir as distancias", comentou furioso Manuel. Paco, pola contra, declarou que "non volvo quedar co imbécil este en a miña puta vida".

Ningún comentario