Falamos con Paco, un compostelán que asegura que unha boa ostia a tempo houbese evitado as festas dos estudantes en Compostela
Hoxe, en Xente de Compostela, tivemos a sorte de coñecer a Paco, un compostelán "de toda a vida" que asegurou a este xornal que a mellor solución #ante os problemas das festas de estudantes fose unha boa ostia a tempo. Segundo el, "os pais deberon de soltarlles un bofetón a eses niñatos cridos, o que pasa é que hoxe en día os pais están amariconados", comentaba mentres fumaba o seu pestilente puro.
Paco confirmounos que "na súa época todo resolvíase a ostias. Que tirabas un prato, toma ostia, que se non obedecías, pois outra ostia que che caía. Pero agora fanse agasallos aos nenos polo seu mal comportamento, razón pola que apareceu o maldito coronavirus e todo se vai a ir á merda". Segundo o cidadán "o fin do mundo achégase e en lugar de soldado imos ter a covardes que non han tocada unha arma na súa puta vida".
Ningún comentario