Ante a negativa de varios partidos á prórroga do estado de alarma o Goberno propoñerá o gol de ouro
O Goberno de España decidiu retificar e cambiarán a decisión de proseguir coa prórroga do estado de alarma debido á negativa da oposición, a cal considera que dita proposta non é necesaria. Na última rolda de prensa celebrada esta mesma mañá o goberno adiantou a nova proposta de cambiar a devandita prórroga polo balón de ouro, algo que segundo o presidente axilizará a situación e ofrecerá unha opción máis efectiva.
A oposición, pola súa banda, recoñeceu que lle gusta idéaa pero cren que fucionaría mellor o gol de prata. Cando se lle preguntou polas razóns, a oposición declarou que "non temos a menor idea, realmente facémolo para levar a contraria e así parecer que facemos algo".
Ningún comentario