Breaking News

Unha veciñanza aplaudiu onte á noite ao veciño do cuarto porque por fin aprendeu a programar a lavadora



O cidadán compostelán  F.V. recibiu esta pasada noite unha doce e agradable sorpresa. Ás 9 da noite, tan só unha hora despois do famoso aplauso aos sanitarios, toda a súa veciñanza decidiu regalarlle un enorme aplauso agradecendo que, tras un mes e medio de confinamento, o agradecido protagonista había aprendido, por fin, a programar a lavadora. "Non me saen as palabras, estou... tan emocionado. Agradezo moito esta homenaxe porque foi difícil chegar ata aquí. Só eu se todo o esforzo que tiven que realizar para conseguir este obxectivo", declarou  F. V., con bágoas nos ollos.
Os veciños, tras o aplauso, aseguraron que a partir de agora xa podían respirar tranquilos, xa que o fedor que desprendía a ropa de F.V. chegáballes ata coas xanelas pechadas. "era unha mestura entre cheiro a vello e a pechado, non había quen o aguantase", declarou o seu veciño de abaixo.

Ningún comentario