Rouba unhas lentes nunha óptica e volve para que lle gradúen os cristais
A pasada mañá, o cidadán R. L. roubou unha caixa de lentes nunha óptica compostelá. Cando o ladrón dirixíase de volta a casa co seu botín, descubriu que os cristais das lentes tiñan unha gradación superior á súa, polo que decidiu volver á mesma óptica para que lle graduasen os cristais. "Ola, son o que acaba de roubarvos as lentes, viña para que me cambiáseis os cristais, que con estes non vexo unha merda".
A óptica, aproveitando a situación, decidiu cobrarlle polos cristais máis caros do habitual, dese modo o inxenuo ladrón pagaría o prezo dos cristais e das lentes. "Afortunadamente, o tipo non era moi listo e acabou pagando polos cristais todo o que roubara", asegurou o óptico. A policía decidiu non arrestar ao ladrón tras comprobar que finalmente este abonara o prezo de todo o roubado. A día de hoxe, R. L. aínda pensa que saíu gañando co roubo.
Ningún comentario