Pon as súas bolsas de lixo á venda en Milanuncios para a xente que queira saír á rúa
O compostelán S. T, publicou esta mesma mañá un anuncio na famosa páxina Milanuncios ofrecendo a súa bolsa de lixo para a xente que non teña lixo suficiente como para saír á rúa. S. T. asegura no anuncio que é basante porco, polo que afai encher dúas bolsas de lixo ao día. "Encántanme as pizzas, adoito comer unha pizza familiar e cear outra pizza familiar. Xa no almorzo adoito tomar algo máis ligerito, así que me como un mediana", comentou o protagonista mentres se comía un bo anaco de pizza graxento que goteaba sobre a súa enorme barriga.
S. T. confirmou que desde esta mañá non recibiu nin unha soa chamada pero aínda asì mostrábase optimista. "Quedan moitos días, e eu teño moita paciencia e nada mellor que facer" comentou o protagonista mentres se comía outro bo anaco de pizza graxento.
Ningún comentario