Breaking News

Juan, un compostelán que cada mañá vai falarlle á estatua de Valle-Inclán porque pensa que é real



Hoxe paseámonos pola Alameda de Santiago para coñecer a Juan, un compostelán que cada mañá senta xunto á estatua de Valle-Inclán para "charlar un pouco", xa que segundo el é real. Juan está convencido de que unha mañá, mentres gozaba o seu habitual paseo pola Alameda, escoitou falar á estatua, o que lle deu pé a comezar unha conversación.

Así que leva vostede xa 10 anos charlando coa estatua?
(sorrí) Vaia! Como pasa o tempo! Pois si, gústame pasar as mañás gozando dunha boa conversación.

Pero non se se se dá conta de que iso máis que unha charla é un monólogo...
A ver, tampouco é así. O que pasa é que o rapaz é un pouco tímido, hai que darlle tempo... Ademais, como xa lle dixen antes, o primeiro día faloume.

Certo.  Explíceme iso Que lle dixo?
Pois a verdade, non lle entendín moi ben. Recordo que era unha especie de asubío.

Unha especie de asubío? A ver se ía ser un paxaro
Non o creo....

Non o cre?Como está tan seguro?
Porque o estou...

Xa... Non se se se deu conta de que está a falar cunha estatua porque un día escoitou a un paxaro asubiar preto dela...
Bo, mire, non me raie. A mín gústame charlar coa estatua e estou moi contento. Que son dez anos de charla xa!

É un Monólogo...
QUEMEDEHE!






Ningún comentario