Brian de Nazareth, principal sospeitoso das pintadas na Catedral de Santiago
Brian de Nazareth é, a día de hoxe, o principal sospeitoso das pintadas que apareceron esta mesma mañá na fachada da Catedral de Santiago. Fontes alleas a este xornal afirman que debido aos seus antecedentes, é lóxico sospeitar del. A pesar de todas estas sospeitas, seus máis achegados declararon que Brian é totalmente inocente, Pijus Magníficus asegurou que "é o suficientemente intelixente como para saber que facer ese tipo de pintadas nun edificio declarado Patrimonio da Humanidade é unha estupidez, por moito odio que lle teña aos romanos", engadindo que "Brian houbese post acentos", algo que o supost autor das pintadas non fixo.
Brian non é o único sospeitoso, xa que diversas fontes aseguran estar a expor a posibilidade de que un grupo de Neandertales fixesen as pintadas ao confundir a Catedral de Santiago coas Covas de Altamira. De momento no Concello aseguraron que o culpable terá que cumprir a pena de limpar as pintadas axudado dun trapo e un cubo de auga con xabón.
Ningún comentario