Breaking News

A OMS advirte que é urxente deter a epidemia porque é unha mentireira, malvada e perigosa e xa non a poden controlar


Esta mesma mañá a OMS deu unha rolda de prensa de última hora para advertir á xente de que é moi importante deter a epidemia. segundo os expertos a razón principal desta advertencia é porque é unha mentireira, malvada e perigosa e xa non a poden controlar. Ante as devanditas declaracións, varios países responderon á OMS cun "dismo ou mo contas?". Donald  Trump, pola súa banda, lembrou que se antes non ía darlles un duro, agora despois de escoitar esta nova parvada xa nin se vai a molestar nin en escoitarlles.

Os expertos, tras dar a noticia, continuaron lembrando que dita pandemia "rouboulles a calma
Levouse a súa alma E non lle deixou  na...". Tras a rolda de prensa, este grupo de expertos foron despedidos, foron avisados de que non volvan pisar as instalacións e recomendáronlles que se dedicasen a outra cousa.

Ningún comentario