Un grupo de nais irán buscar aos seus fillos en pixama por Alfredo Brañas para espantar aos mozos que fan botellón
A situación actual de Alfredo Brañas chega a resultar desesperante, xa que multitude de mozos comezan a realizar botellóns en plena rúa, molestando á xente que é máis de ver unha peli en Netflix no sofá e coa mantita. Debido a tan desesperante situación, unha asociación de nais en pixama preocupadas decidiron facer fronte ó botellón e pasear todas as noites pola rúa Alfredo Brañas para espantar a todos os mozos bébedos como cubas.
Os veciños están moi ilusionados ante tan interesante propostas e aseguran que lles axudarán baixando o lixo en chándal e zapatillas.
Ningún comentario